Ionosfera vén de ión, elemento que perde electróns.-
Esta capa comeza a uns 50 quilómetros de altura e chega ata uns 500. Representa menos do 0,1% da masa total da atmosfera terrestre. E aínda que é unha parte moi pequena, é moi importante para a radio!
A parte superior da atmosfera está ionizada pola radiación solar (vento solar). Isto significa que a enerxía do Sol é tan forte que cando chega a esta capa fai que as moléculas dos gases se separen dos electróns que acaban flotando de forma independente. Cando o Sol está activo hai cada vez máis ionización! Dicimos nese momento que hai moita propagación.
Cando o sol está moi activo.-
Cada once anos o sol ten unha actividade moi alta, é dicir, o número de manchas solares aumenta de ningunha ou dunhas poucas ata máis de 200. Agárdase a maior intensidade para o ano 2025. O sol expulsa moitas partículas con moita enerxía nas súas labaradas ou erupcións solares (raios ultravioleta, raios x ou raios gamma). Cando chegan á Terra chocan coa atmosfera e ioniza os gases que ten como o osíxeno ou o nitróxeno.
Esas execcións de masa do sol ás veces poden provocar treboadas solares e poden afectar aos aparellos electrónicos e eléctricos na Terra. Ata tal punto que poden afectar ás liñas e transformadores de electricidade, compoñentes electrónicos ou aos satélites.
As auroras boreais poden chegar a verse en Galiza cando esas partículas provocan unha tormenta xeomágnética e o escudo da Terra non pode impedir que se colen polos seus puntos débiles: os polos norte e sur.
Cando as ondas de radio emitidas dende a superficie chegan ás distintas capas da atmosfera (D, E, F1 ou F2 -a uns 500 qlm de altura- a máis importante) rebotan grazas aos electróns libres e volven á superficie podendo chegar a lugares moi distantes. Estes rebotes poden chegar a repetirse varias veces facendo chegar ás ondas a calquera parte da terra.