O xoves 9 de maio o Centro de Predición do Tempo Espacial de EUA detectou unha forte exección de masa coronal do sol que se dirixiu cara á Terra impactando nela o venres 10 notándose os seus efectos ata o domingo 12 de maio.
Esta treboada xeomagnética ten a categoría de G4 (dun máximo de G5), a primeira dende a última rexistrada en xaneiro de 2005.
Nestes últimos días observáronse fortes labaradas solares relacionadas con amplos grupos de manchas solares (cunha extensión dunhas 16 veces o diámetro da Terra).
Hai 2 meses, en marzo houbo outra treboada solar. A última treboada extrema de categoría G5 foi observada no Samaín do ano 2003, en outubro. Daquela as consecuencias foron cortes de enerxía en Suecia e a queima de transformadores en Sudáfrica.
As actuais execcións de masa da coroa do sol veñen dadas xa que estamos alcanzando o máximo do ciclo solar (que sucede cada 11 anos aproximadamente) entre este ano e o 2025.
Ruído solar na banda de 28 MHz – 10 de maio de 2024.
En USB en 28,1246 MHz a redor das 06:42 UTC, un meteoro ardeu a uns 100 quilómetros por riba do oeste de Inglaterra ou Gales deixando atrás un rastro ionizado. Os sinais duraron aproximadamente un minuto.
Ao redor das 06:43:30, unha erupción solar fixo erupción sobre o sol. Uns 8 segundos despois despois de moverse á velocidade da luz, o sinal chegou á Terra e escoitouse o estalido do ruído solar como un forte asubío a 28 MHz. Despois desapareceu lentamente con algúns picos menores nos próximos minutos. En moitas áreas do planeta os contactos por radio a través da propagación pode ser imposible polo menos durante algúns días.
Auroras boreais na península.
Superáronse todas as expectativas», asegura Óscar Blanco, astrofotógrafo e director do Centro Astronómico de Pena Trevinca. O que se viu entre a noite do venres e a madrugada deste sábado foi unha espectacular aurora boreal.
Foi o maior episodio de auroras boreiais que se puido observar na península en deceas de anos ou mesmo máis de cen segundo os lugares. Eu diría que foi a máis espectacular que se puido ver dende o ano 1938.
O máximo no Observatorio de Pena Trevinca, en Ourense, viuse sobre as doce da noite, cando aínda se podían apreciar os tons verdosos asociados a unha maior intensidade enerxética. Logo dominaron os tons alaranxados e rosáceos.
O director do Observatorio Astronómico Ramón María Aller, José Ángel Docobo, en Santiago di que haberá novas oportunidades para velas en Galiza xa que estamos no momento de máxima actividade solar que irá en aumento ata o primeiro semestre do próximo ano. Na noite do sábado podería volver a repetirse el fenómeno.
E cando vai ser a próxima?