Chegou a primavera…
O día 20 de marzo, ás 03:06 horas, o Sol no seu movemento aparente pola elíptica, cruzou o ecuador celeste no chamado punto Aries (que en realidade xa non está en Aries, senón en Pisces). A noite durou igual que o día (equinoccio = noite igual) e comezou a primavera.
A partir de agora, e ata o equinoccio de outono, o Sol estará ao Norte do plano ecuatorial. Se observamos a posición do Sol todos os días e a mesma hora, por exemplo ao mediodía, veremos como vai variando a súa altura que será máxima o 20 de xuño, día en que comezará o verán. A continuación, volverá descender, cruzará de novo a elíptica no equinoccio de outono e chegará á súa posición máis baixa no solsticio de inverno, polo Nadal.
Parece que a propagación non acompaña nestes días de inicio da primavera en relación ao que se agardaba. O número de manchas solares é moi baixo para estar chegando ao cume do ciclo 25 que sucederá neste mesmo ano.