Un satélite de comunicacións é un satélite artificial que retransmite e amplifica os sinais de radiocomunicación a través dun transpondedorr; crea unha canle de comunicación entre un transmisor e un receptor en diferentes lugares da Terra. Os satélites de comunicacións úsanse para televisión, teléfono, radio, internet, para a ciencia, etc.
O 1 de agosto de 2020, había 2787 satélites artificiais na órbita da Terra, sendo 1364 satélites de comunicacións. A maioría dos satélites de comunicacións están en órbita xeoestacionaria, é dicir, xirando ao mesmo tempo que a Terra a 35 785 km sobre o ecuador, de xeito que o satélite aparece parado no mesmo punto do ceo (aínda que non se ve pola distancia); polo tanto, as antenas parabólicas das estacións terrestres poden estar dirixidas permanentemente a ese punto e non teñen que moverse para rastrexar o satélite.
Pero moito máis cerca da Terra, entre 300 e 2.000 quilómetros aproximadamente están os satélites de órbita baixa. O telescopio Hubble e a Estación Espacial Internacional están aí como a maioría dos satélites de comunicación.
As ondas de radio utilizadas para as conexións de telecomunicacións viaxan por liña de visión e, polo tanto, a curvatura da Terra impiden que cheguen a todo o planeta pero si a case unha metade.
O propósito dos satélites de comunicacións é transmitir o sinal arredor da curvatura da Terra permitindo a comunicación entre puntos xeográficos moi separados.
Os satélites de comunicacións utilizan unha ampla gama de frecuencias de radio e microondas. Para evitar interferencias no sinal, as organizacións internacionais teñen regulacións sobre que rangos de frecuencia ou “bandas” que poden usar.
Pero temos un problema. O número de satélites están aumentando a un ritmo enorme e xa están producindo efectos negativos nos ceos nocturnos, especialmente á ciencia da astronomía. Cando observan o universo máis achegado ou o máis profundo os satélites coa súa presenza e brillo provocan a imposibilidade de ver ao lonxe. Ademais inxectan na atmosfera elementos altamente contaminantes que poden tamén destruír a capa de ozono. Ademais existe tamén o chamado lixo espacial.
O primeiro satélite artificial da Terra foi o Sputnik 1. Posto en órbita pola Unión Soviética (hoxe Rusia e moitos outros países novos) o 4 de outubro de 1957, estaba equipado cun transmisor de radio a bordo que funcionaba en dúas frecuencias de 20.005 e 40.002 KHz, nas bandas de 15 e 7 metros de lonxitude de onda. O satélite non se colocou en órbita co propósito de enviar datos dun punto da terra a outro; o transmisor de radio tiña por obxecto estudar as propiedades da distribución de ondas de radio en toda a ionosfera.
O futuro? Na próxima década hai previsións que falan de máis de medio millón de novos satélites.
Fontes: Galipedia, diario O País e propias.
E nas noites sen nubes e sen contaminación lumínica é posible velos pasar polo ceo…