a 25.000 millóns de quilómetros da Terra.
O sinal demostra que a sonda aínda se comunica coa Terra. Ata agora, só fora monitorizado mediante equipos moito máis potentes.
Radioastrónomos afeccionados conseguiron detectar un sinal de radio extremadamente débil, case imperceptible, da Voyager 1, unha sonda que viaxa a unha distancia de máis de 25.000 millóns de quilómetros da Terra e que emite cuns 25 vatios, un fito técnico. A detección confirma que a histórica sonda aínda transmite desde os confíns do sistema solar. A recepción foi posible grazas ao radiotelescopio Dwingeloo nos Países Baixos, utilizado por membros da rede Amateur Radio in Space.
A sonda foi lanzada en 1977 e, despois de sobrevoar por varios planetas, continúa a súa viaxe polo espazo profundo. É o obxecto artificial máis afastado da Terra.

Unha detección técnica ao límite
O radiotelescopio Dwingeloo non foi deseñado para capturar a frecuencia de 8,4 XHz utilizada pola telemetría da Voyager 1. Por este motivo, o equipo tivo que adaptar o sistema, xa que a esas frecuencias a reflectividade da antena parabólica é menor e o ruído de fondo é máis difícil de filtrar.
Para confirmar a orixe do sinal, astrónomos afeccionados aplicaron cálculos de desprazamento Doppler (a frecuencia cambia polo movemento dos corpos e a distancia), corrixindo o efecto do movemento relativo entre a Terra e a nave espacial.

O crepúsculo dunha misión histórica
A perda progresiva de enerxía obrigou a apagar instrumentos científicos da sonda para manter operativos os sistemas esenciais. Nos últimos anos, a Voyager 1 sufriu fallos de memoria e transmisión que puxeron a proba a súa resistencia. Co final da misión previsto a partires de 2030, cada sinal recibido adquire un valor especial. A detección por parte de Dwingeloo demostra que, mesmo sen a infraestrutura da Rede de Espazo Profundo, a radioastronomía afeccionada aínda é capaz de escoitar a nave espacial mentres se aventura lentamente no espazo interestelar.

Segunda vida
O radiotelescopio Dwingeloo (1956) é un dos radiotelescopios máis antigos do mundo. Utilizábase para investigar o Sol e a Vía Láctea. Debido a unha parada, o telescopio sufriu danos pola ferruxe, pero as persoas radioafeccionadas puideron darlle unha segunda vida. En 2007 estableceron a fundación CAMRAS e comezaron a renovar e usar de novo o telescopio. En 2009, o radiotelescopio foi designado como monumento nacional.
Construción única
O radiotelescopio pesa case 130 toneladas e pode xirar horizontalmente (azimut) sobre unha vía férrea circular. O espello está suspendido nunha torre de vigas de aceiro. Cos motores e as caixas de cambios na parte superior da torre, o espello pode moverse en dirección vertical (elevación). Na parte inferior da torre atópase a casa de control xiratoria coa sala de máquinas con caixas de cambios e sala de observación. A vía férrea e o tren principal de 2,5 metros de diámetro colócanse sobre unha base de formigón pesada.
No punto focal do espello están as antenas e parte do equipo receptor. Eestas estaban unidas a un mastro central. O mastro foi substituído por un trípode e en 1974 por un de catro patas.
Investigación científica
Co telescopio Dwingeloo, mapeouse a Vía Láctea na banda de 21 cm (hidróxeno) e noutras lonxitudes de onda. Posteriormente Dwingeloo observou o Sol e as erupcións solares durante un longo período logo de ser substituído naquela tarefa por outro radiotelescopio.
Realizouse con el un estudo das galaxias situadas detrás da nosa propia Vía Láctea e atopou unha galaxia bastante grande. Esta galaxia chámase Dwingeloo I, e unha galaxia compañeira descuberta posteriormente chámase Dwingeloo II.