30 anos da Asociación cultural e pedagóxica Ponte Nas Ondas, unha celebración na que participarán directamente 65 centros educativos e máis de 1.500 persoas de toda Galiza e Portugal, realizando programas de radio en directo, que se emitirán dende A Costa da Morte (Vimianzo, Auditorio Municipal), Lugo (Auditorio Fuxan os Ventos), Santiago de Compostela (Facultade de Ciencias da Comunicacion), Pontevedra (Pazo da Cultura), Ourense (Auditorio Marie Curie da Facultade de Educación), Vigo (Auditorio Miralles), Lisboa (Instituto Gines de los Ríos) e Valença do Minho (Alfândega).

A emisión contará tamén con artistas galegos e portugueses, con actuacións e entrevistas; estrearanse composicións expresamente creadas para este 30 aniversario e todo arredor do Patrimonio Inmaterial común galego-portugués.
En Lugo estes serán os centros educativos que participarán:
dende Baralla o CPI Luís Díaz Moreno,
dende Castro de Rei o CEIP Ramón Falcón,
dende Cervantes o CPI de Cervantes,
dende Lugo a Escola Oficial de Idiomas, o Centro Público de Educación Permanente de Adultos, o CEIP Sagrado Corazon, o IES Lucus Augusti, o IES Muralla romana e o IES Leiras Pulpeiro.
Unhas 250 persoas entre alumnado e profesorado farán un programa de radio dende as 10 h. da mañá e até as 14 h. Contaremos co músico Antón Castro integrante de Fuxan Os Ventos e o grupo Troupelear composto por Branca Villares e Pablo Pintor.
Será retransmitido en directo (audio e vídeo) a través da páxina web https://pontenasondas.org , a través das emisoras Si Radio de Galicia (107,4 MHz) e Radio As Nogais (107 MHz) e de internet a través de https://zeno.fm/radio/radio-galiza/
