As ondas de luz como as ondas de radio son ondas electromagnéticas e propáganse moi ben en liña recta. Captando as ondas de luz resulta incrible a foto nunha liña de visión de 303 qlm tomada por Juan Méndez Quesada dende Lanzarote observando o Teide en Tenerife (3.718 m. de altura).
Pero é que tiveron que darse moitas condicións idóneas para conseguir o que se ve na foto.
1º Tivo que emprazar a cámara no lugar ideal para que o solpor coincidira co pico do Teide.
2º Ter en conta que a terra é esférica polo que só foi posible fotografar a parte alta do Teide buscando a parte máis alta de Lanzarote xa que dende o pico do Teide só se podería ver a unha distancia duns 215 qlm un punto sobre o nivel do mar. Así pois tivo que subir el mesmo a un alto duns 600 m.
3º Tiveron que coincidir unhas condicións atmosféricas de claridade preto do horizonte mariño necesarias para tomar a foto.
4º Pero que ademais foi incrible que se puidera retratar o fenómeno do raio verde ao mesmo tempo.
5º E para adornar o traballo de insistencia do fotógrafo, temos unhas manchas solares definidas, podemos apreciar as torres e o edificio terminal do teleférico do Teide e unhas nubes por riba do disco solar.
Toda unha proeza publicada na revista Astronomía deste mes de febreiro.
Dúas vistas aéreas da distancia entre o Teide e Lanzarote: unha visión xeral das Illas Canarias e a costa africana do Sáhara Occidental e Marrocos e outra a 1.000 qlm de altura dende onde se podería ver Galiza e a Pena do Pico onde se aprecia tamén a esfericidade da Terra.

