ENSAIO XERAL PARA A ECLIPSE TOTAL DE SOL

e como pode afectar ás ondas de radio.

Queres ver a eclipse total de Sol do 12 de Agosto. Pois prepara este ensaio xeral.
O vindeiro 12 de agosto de 2026, teremos á vista un dos eventos astronómicos máis espectaculares: unha eclipse total de Sol. Un fenómeno que non ocorre na Península desde 1912 e que require unha planificación minuciosa.
O problema non é só saber o día, senón entender a xeometría do ceo. Ese día, a eclipse ocorrerá co Sol moi baixo, case rozando o horizonte. Se tes un edificio, unha árbore ou un monte diante, perderaste o momento cumio. Por sorte, a astronomía permítenos facer un “simulacro” antes de tempo.

A ciencia detrás do truco: A simetría solar
O Sol non sae nin se pon sempre polo mesmo punto. Porén, o seu camiño polo ceo é simétrico respecto ao solsticio de verán (21 de xuño).
O 12 de agosto está a uns 52 días despois do solsticio. O 30 de abril está a uns 52 días antes do solsticio. Isto significa que, o próximo xoves, o Sol vai seguir case a mesma traxectoria que terá o día da eclipse.

Como facer a proba correctamente?
Para que o teu ensaio sexa fiable, segue estes pasos o 30 de abril:

  • A hora exacta: Sitúate no lugar elixido para ver o eclipse arredor das 20:15 – 20:20 horas.
  • Mira ao Oeste-Noroeste: É por onde se agochará o rei astro.
  • A proba do obstáculo: Se nesa franxa horaria o Sol desapareceu detrás dun monte, dun bloque de pisos ou cho tapa una árbore, ese lugar non serve. Se, pola contra, ves perfectamente o Sol, o lugar será perfecto para velo eclipse.

Debido a que o eclipse será ao solpor, precisas o que os astrónomos chaman un “horizonte libre”. En Galicia, calquera lugar con vistas ao mar cara ao oeste ou o cumio dunha montaña despexada será un sitio privilexiado.

Por que é tan importante facelo agora?
A diferenza doutras eclipses que ocorren no medio do día co Sol no alto, o de 2026 xógase “nos últimos metros”. Se o 12 de agosto te decatas de que o Sol queda oculto por un piñeiral xusto no momento da totalidade, xa non terás tempo para buscar outro sitio.
Consello de experto: Se hoxe o Sol está moi, moi xusto sobre un obstáculo, busca unha alternativa. É mellor ter uns graos de marxe para asegurar que nada che roube eses dous minutos de escuridade total.

Estase a estudar como unha eclipse solar pode afectar á propagación das ondas de radio.

Que ocorre durante a eclipse coas ondas de radio?

Unha eclipse solar pode afectar á propagación das ondas de radio pola ionosfera, capa da atmosfera onde as ondas se radio se reflicten (grazas á radiación solar), sobre todo nas bandas de “Onda Media” (OM) e “Onda Curta (HF)”. O efecto máis destacado é que a ionosfera se comporta de xeito similar a como o fai durante o amencer ou o solpor, o que pode abrir “ventás” de comunicación a longa distancia seguindo o camiño da eclipse. É un efecto que garda certa relación co que sucede coa liña gris, a zona da Terra situada entre o día e a noite que denominamos entre lusco e fusco. Nesa zona, diferente en cada mes do ano, a propagación vese favorecida entre as zonas que ocupan ese espazo e abrangue diferentes hemisferios e continentes

Durante unha eclipse a Lúa bloquea parcial ou totalmente a radiación solar nunha zona determinada. Isto fai que as capas inferiores da ionosfera (como a capa D, que absorbe as ondas durante o día) se debiliten ou desaparezan temporalmente. Como resultado, as condicións de propagación aseméllanse ás do solpor ou amencer nun momento, como o actual no próximo mes agosto, xusto antes do solpor.

Efectos observados nas diferentes bandas

Na Onda Media (OM) pode dares unha melloría moi notable da propagación.

Na Onda Curta (HF) podemos atopar cambios menos drásticos pero perceptibles. As frecuencias altas (por exemplo, 27 MHz) poden volverse inestables. Algunhas bandas poden “pecharse” ou abrirse ventás de DX non habituais para a hora do día.

Experimentos organizados polo Radio Club Arxentino durante o eclipse total do 14 de decembro de 2020 (visible en Suramérica) permiten obter conclusións interesantes: rexistráronse recepcións diúrnas a máis de 1.000 km na banda de 630 metros (Onda Media) . O experimento contou coa participación de 84 estacións de radioafeccionados de Arxentina, Chile, Uruguai, Brasil, Bolivia e Perú, e analizouse a intensidade de sinais de 5 radiodifusoras en AM .

Consideracións importantes

Os cambios na propagación ocorren rapidamente mentres a Lúa cobre e descubre o sol. A duración máxima do efecto no centro da eclipse pode ser duns minutos, e as condicións de recepción.

A intensidade do efecto depende da porcentaxe de cobertura, que neste caso será total e das condicións ionosféricas previas.

Con todo, a próxima eclipse solar será unha oportunidade moi boa para estudar o comportamento das distintas capas da atmosfera, traballos nos que participarán persoas científicas de todo o mundo ademais dos radioafeccionados.

Deixa un comentario