Comunicacións de emerxencia

cando a telefonía e internet fallan. En Ribadesella, Asturies, acábase de elaborar un manual de comunicación cos habitantes do concello en caso de calquera tipo de emerxencia onde a falta de electricidade supoña o non funcionamento da telefonía móbil, internet ou as emisoras públicas de radio. O que chama a atención é que para dar … Ler máis

De quen vimos sendo?

Somos un grupo de persoas relacionadas co ensino e coa afección á radio que vivimos neste lugar do mundo chamado Galiza e máis concretamente na Comarca dos Ancares e os seus arredores. Se queres contactar con nós aquí tes dúas vías: — radiogaliza@radiogaliza.gal — +34 664782590

RADIO EN MOMENTOS DE EMERXENCIA

A redor do 70% das persoas escoitaron a radio nalgún momento o luns pasado, 28 de abril, durante a caída e desaparición da corrente eléctrica. Habitualmente o 50% faino a diario. Ademais a inmensa maioría das persoas considera a radio o medio máis importante nestas circunstancias. O aumento do número de oíntes da radio veu … Ler máis

PONTE NAS ONDAS cumpre 30 anos !!!

30 anos da Asociación cultural e pedagóxica Ponte Nas Ondas, unha celebración na que participarán directamente 65 centros educativos e máis de 1.500 persoas de toda Galiza e Portugal, realizando programas de radio en directo, que se emitirán dende A Costa da Morte (Vimianzo, Auditorio Municipal), Lugo (Auditorio Fuxan os Ventos), Santiago de Compostela (Facultade … Ler máis

Asociación de Radio Comarca Os Ancares

Somos un grupo de persoas afeccionadas á radio, mellor dito, á radioafección, que nos xuntamos para levar a cabo diversas actividades. Vivimos a maioría nesta comarca galega. Se queres iniciarte nesta actividade non tes máis que escribirnos. E se queres sumarte ás nosas actividades serás benvida, benvido. Se desexas contactar con nós, aquí tes este … Ler máis